ConcellosÚltima hora

Sober sumarase a “Xantar na Casa”, un programa para persoas maiores e dependentes

O Goberno local presentou esta proposta de integrarse no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar no último pleno

 

 

O Goberno local do Concello de Sober presentou a proposta de integrarse no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar no último pleno, a cal foi aprobada por unanimidade. Así, o obxectivo é o de formar parte dos concellos galegos que pertencen ao programa “Xantar na Casa”, que consiste na subministración de comidas no propio domicilio das persoas maiores e dependentes usuarias.

As persoas que poderán formar parte do programa serán, as persoas maiores de 60 anos que teñan limitada a súa capacidade de autonomía persoal e que non conten cunha rede de apoio que poida suplir esta situación, as persoas dependentes que carezan de apoio familiar e que requitan de axuda e preparación de alimentos, e as persoas menores de 60 anos en situación de exclusión social, tecnicamente avaliada polos servizos socias do concello.

 

 

Tal e como explica o alcalde, Luis Fernández Guitián, a Xunta asume o 50% dos gasto, a través da Consellería de Política Social, o 25% o Concello e o outro 25% a persoa que se incorpora ao servizo. “É un dos compromisos que figuraban no programa electoral ao que lle imos dar cumprimento”.

Artigos relacionados

Back to top button