Sôber tocará en Sober o 28 de xuño

O concerto gratuíto desta banda de rock será na praza do Concello as 22h.
Cartaz do concerto.

Cartaz do concerto.

Comparten nome cun concello da Ribeira Sacra lucense e aproveitando esta similitude, o grupo de rock Sôber ofrecerá, no marco da presentación do seu novo traballo “Letargo” (un disco innovador e o primeiro de Europa en 3D), un concerto en terras soberinas o día 28 de xuño. A actuación, de carácter gratuíto, terá como escenario a praza do Concello ás dez da noite.

A actuación será posible grazas á xestión persoal que o alcalde, Luis Fernández Guitián, levou a cabo co grupo que, de maneira desinteresada, aceptou ofrecer un concerto na localidade ao considerarse xemelgos de nome con Sober. O Concello será o encargado de organizar o evento que finalizará cun festival protagonizado por cinco DJ locais.

Fernández Guitián asegura que a banda considerou o convite “unha idea magnífica” polo que buscaron un oco na súa xira para visitar os lugares máis emblemáticos do Concello de Sober e coñecer a Ribeira Sacra.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies