ConcellosÚltima hora

Sober, un dos primeiros concellos galegos cun punto de recarga para dispositivos electrónicos

Está instalado na praza do Concello, é totalmente gratuíto e permite cargar a batería de móbiles, tablets ou outros aparatos
Punto de recarga gratuíto de dispositivos electrónicos na praza do Concello de Sober./ Foto: Concello de Sober.
Punto de recarga gratuíto de dispositivos electrónicos na praza do Concello de Sober./ Foto: Concello de Sober.

Totalmente gratuíto e para toda clase de dispositivos electrónicos. O goberno municipal de Sober vén de instalar no centro da localidade un punto público de recarga que permite aos usuarios cargar a batería de teléfonos móbiles, tablets ou calquera outro dispositivo. Así o anunciaba o rexidor soberino, Luis Fernández Guitián. “O servizo”, explicaba, “está emprazado no xardín da praza do Concello”, onde “xa contamos dende fai tempo con Wifi gratuíto para todos os usuarios/as”. Tamén matizaba que este novo punto de alimentación conta con dous enchufes para todo tipo de aparatos de telefonía móbil e poderá utilizarse as 24 horas do día.

Imaxe deste dispositivo de carga./ Foto: Concello de Sober.
Imaxe deste dispositivo de carga./ Foto: Concello de Sober.

Deste xeito Sober convértese nun dos poucos concellos galegos en dispoñer deste tipo de servizo. O alcalde soberino salientou que “dende o Concello estamos sempre á vangarda e con esta nova incorporación queremos facilitar o uso das novas tecnoloxías a toda a veciñanza e tamén aos que nos visitan”.

Artigos relacionados

Back to top button