SanidadeÚltima hora

Sobradelo contará cun servizo de fisioterapia

A Xerencia de Xestión Integrada ourensá e o Concello de Carballeda asinan un convenio para poñelo en marcha despois do verán
A xerente de Xestión Integrada ourensá, asinando o convenio coa alcaldesa de Carballeda, ante a presenza da xerente do HCV./ Foto: Ángeles Rodríguez.
A xerente de Xestión Integrada ourensá, asinando o convenio coa alcaldesa de Carballeda, ante a presenza da xerente do HCV./ Foto: Ángeles Rodríguez.

A partires de outubro na primeira planta do Centro Social de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras) porase en marcha un servizo de fisioterapia para pacientes deste concello e doutros limítrofes. Así vén de acordarse no convenio de colaboración que asinaban a responsable da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Eloína Núñez, e a alcaldesa de Carballeda, María Carmen González, na mañá do 28 de maio na sala de xuntas do Hospital Comarcal Valdeorras (HCV), no Barco.

Eloína Núñez e María Carmen González, tras a sinatura do acordo./ Foto: Ángeles Rodríguez.
Eloína Núñez e María Carmen González, tras a sinatura do acordo./ Foto: Ángeles Rodríguez.

Trátase do primeiro convenio deste tipo que o Sergas asina na provincia de Ourense referente a un servizo de fisioterapia, tal e como destacaba Eloína Núñez. “Non é nada habitual que un Concello dispoña dunha sala de fisioterapia con todas as características necesarias para prestar este servizo e con todo o aparataxe preciso, como sucede no caso de Carballeda, algo que é de agradecer”.

Pola súa banda, a alcaldesa agradecía o xesto do Sergas e incidía en que desta maneira se amplían os servizos sociais que se prestan neste concello valdeorrés.

Artigos relacionados

Back to top button