ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Sobradelo desfruta do día grande das Festas da Encarnación

A charanga Terras do Bibei amenizou musicalmente a procesión coa Virxe e tamén a sesión vermú

Despois dunha intensa e animada fin de semana, co concerto de Amistades Peligrosas incluído, Sobradelo chegaba hoxe 24 de abril ao día grande das festas patronais na honra a Nosa Señora da Encarnación. E facíao xa de boa mañá coa alborada e pasarrúas a cargo da charanga Terras do Bibei, a mesma agrupación que acompañaba musicalmente no acto central da xornada: a procesión coa imaxe da Virxe polas rúas da vila.

En torno ás 12:30h. saía da igrexa a comitiva encabezada pola imaxe e os oito sacerdotes que máis tarde oficiaban a eucaristía na igrexa parroquial, que vén de estrear unha nova vidriera grazas ao donativo dun particular.

Trala misa, a festa continuaba coa sesión vermú na praza amenizada pola charanga, e tamén nos establecementos hostaleiros do pobo como a cafetería Pontenova ou o bar Mar. E xa pola tarde a orquestra Jesrusalén actuara en sesión de tarde longa (sen verbena), poñendo o broche ás festas por este ano.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button