ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Sobradelo despide as Festas da Encarnación

A procesión coa imaxe da Virxe centrou os actos do último día de festexos, o luns 13 de abril

Despois dunha intensa fin de semana, con actuacións musicais por todo o alto e de estilos moi variados (dende as tradicionais orquestras ata o mediático King África ou os valdeorreses Son do Sil), que foron moi ben acollidas polo público, Sobradelo despide hoxe, luns 13 de abril, as festas patronais na honra á Virxe da Encarnación.

O acto central desta última xornada festiva, tiña lugar en torno ás 12:30h. momento no cal daba comezo á multitudinaria procesión encabezada pola Virxe polas rúas da localidade.

Trala procesión chegaría a eucaristía e despois a sesión vermout na praza e tamén nos bares do pobo. O broche a tres días de actividades lúdicas, poráo a orquestra Marbella que actuará en sesión de tarde e verbena.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button