ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Sobradelo honra á Virxe da Encarnación

A procesión e a actuación da orquestra Galilea pechan o programa das festas patronais

“Témoslle moita devoción á Nosa Señora da Encarnación”, asegura a alcaldesa de Carballeda de Valdeorras, Mª Carmen González. E así con gran solemnidade celebraban a procesión na súa honra, no mediodía do luns 4 de abril, último día das festas patronais de Sobradelo.

Encabezada pola imaxe da Virxe, acompañada por varios sacerdotes e seguida por numerosos fieis, a procesión percorría as rúas da vila antes de rematar na solemne eucaristía coa que Sobradelo “honraba á patrona”, nun dos actos máis destacados da programación das festas que se celebraron ao longo de tres días e que este ano contou coas actuacións estelares de La Década Prodigiosa e Os do Fuelle, ademais dos pasarrúas cada día ou os fogos de artificio, entre outras actividades.

O pasarrúas correu por conta da charanga Nova Terra de Trives e o broche ás festas poñíao a actuación musical da orquestra Galilea.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button