CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Sobradelo pecha as Festas da Encarnación por todo o alto

A xornada festiva remata esta tarde coa actuación da orquestra Principal

Despois dunha completa fin de semana, co concerto de Raúl incluído, Sobradelo chegaba hoxe 9 de abril ao día grande das festas patronais na honra a Nosa Señora da Encarnación. A xornada comezaba coa alborada e pasarrúas a cargo da charanga Terras do Bibei, a mesma agrupación que acompañaba musicalmente no acto central da xornada: a procesión coa imaxe da Virxe polas rúas da vila.

En torno ás 12:30h. saía da igrexa a comitiva encabezada pola imaxe e os sacerdotes que máis tarde oficiaban a eucaristía. Trala misa, a festa continuaba coa sesión vermú na praza amenizada pola charanga, e tamén nos establecementos hostaleiros do pobo. E xa pola tarde a orquestra Principal actuará en sesión de tarde longa (sen verbena), poñendo o broche ás festas por este ano.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button