CulturaCulturaGalerías de fotosO Sil agosto 2016Última hora

Sobrado de Trives lembra un ano máis o seu pasado medieval

A queima da bruxa é sempre un dos actos máis esperados polo público

Representacións, música, gastronomía, xogos populares… Á Festa Medieval de Sobrado que este ano chegaba á VI edición non lle faltou detalle, contando asemade co respaldo do público que “malia as altas temperaturas deste ano, cada vez vai a máis, tamén por parte dos veciños que se van implicando”, explica José Antonio López, dende a Asociación Cultural O Fulión de Sobrado sobre o que recae a organización.

Esta edición da festa comezaba o sábado día 6 de agosto coa apertura do mercado medieval con postos na praza e no entorno do mosteiro, de gastronomía e licores da zona, artesanía… Xa pola noite tiña lugar a reunión de Damas e Cabaleiros co posterior desfile do “rei da festa” e a coroación ao estilo de 1570. A xornada remataba coa cea medieval e baile na praza.

Para a mañá do domingo 7 de agosto, había previsto un desfile de Bandeiras polas rúas que era suspendido por mor do calor: “ás dúas da tarde non había quen parara”, asegura José Antonio. O que si se celebrou foi a representación do Foral de Sobrado, un acto a través do cal Inés de Quiroga, última abadesa de Trives, fai petición a Felipe II para impedir a anexión do mosteiro de San Salvador de Sobrado ao de San Paio de Antealtares, de Santiago.

E xa a partires da media noite, o acto da Inquisición pechaba o programa deste ano. A representación comezaba co xuízo a unha persoa con coñecementos de medicina, condenada por exercer a bruxería. Ante o inminente final a condeada fuxe e os veciños do pobo, comezan a perseguila polos bosques ata que dan con ela e finalmente representan á súa queima na fogueira. Un dos actos máis seguidos polo público.

Fotos: Carlos Temes.

Artigos relacionados

Back to top button