CulturaCulturaEconomíaEconomíaÚltima hora

Sobrado de Trives prepárase para a VII Festa Medieval

A recreación da anexión do Foral de Sobrado e o seu Mosteiro á Coroa de Felipe II será o 4 e 5 de agosto
Imaxe dunha edición anterior da Festa Medieval en Sobrado. Foto: Carlos Temes.

Un ano máis a Asociación Cultural Folión de Sobrado recrea a anexión do Foral de Sobrado e o seu Mosteiro á Coroa de Felipe II. E faino cun programa de dous días (4 e 5 de agosto) nos que a localidade trivesa rememorará aqueles acontecementos, retrocedendo no tempo.

Para esta VII edición, a organización incorpora un desfile polas adegas do pobo que darán colorido á proclamación do Rei das festas. Outra das novidades é a adaptación teatral levada a cabo por veciños do municipio da obra “O Conde de Burra regresa dass Cruzadas”, que terá lugar trala cen que SS. MM. ofrecen aos nobres da vila.

Con todo, igual que en ocasións anteriores serán os xogos e torneos populares os que amenizarán a tarde do domingo, a través dunha xincana con diferentes probas e carreiras polo pobo que os veciños engalanarán días antes.

A última actividade da festa será “o temido acto onde se cada caza a unha bruxa, que será xulgada e condeada na praza pública como mandan os cánones da Inquisición”, adiantan dende a asociación.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

 

Xantando na Festa Medieval. /Foto: Carlos Temes.

Artigos relacionados

Back to top button