CulturaCulturaGalerías de fotosO Sil agosto 2016Última hora

Sobrado de Trives regresa esta fin de semana ao medievo

A Asociación Cultural Folión de Sobrado organiza a VI Festa Medieval os días 6 e 7 de agosto

Por sexto ano consecutivo, a Asociación Cultural Folión de Sobrado recrea esta fin de semana (6 e 7 de agosto) a anexión do Foral de Sobrado e do seu mosteiro á Coroa de Felipe II. E faino a través dun completo programa de dous días, nos que todo o pobo trivés rememorará á súa época medieval.

Ao longo de todo o sábado e o domingo un mercadiño medieval instalado na praza dará cor ao pobo mentres que trovadores e xoglares deleitarán ao público coas súas cantigas e romances.

Para a ocasión como en anos anteriores Sobrado elixe entre os seus veciños ao Rei das festas, cuxo acto de coroación terá lugar a noite do día 6, antes da gran cea que “na honra ás SS. MM se ofrece aos nobles da vila”, explican dende a organización, engadindo que coma en ocasións anteriores serán os xogos, torneos e concursos populares “os que nos farán pasar unha boa tarde de domingo”. Para iso preparouse unha xincana con diferentes probas e carreiras que se desenvolverán polo lobo tralo “yantar” que será levada a cabo á antigua usanza.

A novidade desta VI edición é a incorporación ao desfile dun cabezudo que representa á bruxa que será queimada no acto de inquisición. Este acto, o máis espeperado, será o que peche as celebracións o domingo pola noite.

Máis información no Especial Festas Agosto do Periódico O Sil.
Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button