EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

Sobrado (Trives) celebra o seu propio desfile polas adegas no marco da Festa Medieval

O grupo de gaitas Airiños de Caldelas amenizou o percorrido

As rutas por adegas e covas, comendo e bebendo, están de moda e tamén en Sobrado (Trives) celebraban a súa no mediodía do 3 de agosto.

Despois da xornada inaugural da IX Festa Medieval con diferentes actividades (desfile de bandeiras e o traspaso de reinado; coroación e pregón da Raíña; representación do Foral; cea; teatro,…) chegaba o día grande, coa reunión de Damas e Cabaleiros na praza para dar comezo ao desfile polas adegas do pobo ao ritmo do grupo de gaitas Airiños de Caldelas, e o acompañamento da parella de xigantes recuperados hai uns anos.

 

Un dos xigantes recuperado hai uns anos.

 

A festa continuaba pola tarde coa música da charanga A Esmorga e xa pola noite coa temida e esperada Queima da Bruxa e a queimada, trala sentencia do Tribunal da Santa Inquisición que comezará en torno ás 23h.

Ao longo da fin de semana, a vila estivo engalanada lembrando o seu pasado medieval, con diferentes postos de artesanía e comida no mercado. Entre eles Artesanía Mendoia, con pirograbados en madeira “feitos con cariño en Galicia”.

 

Un momento do desfile amenizado por Airiños de Caldelas.

Fotos: Carlos G. Hervella.
Máis información e fotos no seguinte enlace: https://osil.info/sobrado-trives-regresa-a-idade-media/

Artigos relacionados

Back to top button