En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Sobrado (Trives) regresa á Idade Media

A IX Festa Medieval remata hoxe pola noite coa Sentencia da Inquisición e a Queima da Bruxa

Co desfile de bandeiras e o traspaso de reinado, comezaba na tarde do 3 de agosto na praza de Sobrado, unha nova edición da Festa Medieval coa que esta vila do concello de Trives celebra a anexión do Foral de Sobrado e do seu mosteiro á Coroa de Felipe II.

Coa vila ambientada no medievo, de seguida tiña lugar a coroación e pregón da Raíña, seguido polo acto central da festa: a representación do Foral diante dun entregado público. Xa pola noite celebrábase a cea ofrecida pola “Súa Maxestade” e a representación da obra Mortos de risa, da compañía teatral A Caniceira.

 

Gabino Rodríguez deseñou o artiluxio para que a bruxa sobrevoe Sobrado antes de ser queimada.

 

A festa continúa hoxe, domingo 4 de agosto, coa reunión de Damas e Cabaleiros na praza para comezar o desfile polas adegas amenizado polo grupo de gaitas Airiños de  Caldelas. Pola tarde a música correrá a cargo da charanga A Esmorga que actuará ás 20:30h. e o broche á festa será a temida e esperada Queima da Bruxa e a queimada, trala sentencia do Tribunal da Santa Inquisición que comezará en torno ás once da noite.

Fotos: Carlos G. Hervella.
Máis información e fotos no seguinte enlace: https://osil.info/sobrado-trives-celebra-o-seu-propio-desfile-polas-adegas-no-marco-da-festa-medieval/

 

Artigos relacionados

Back to top button