Galerías de fotosÚltima hora

Sobrado vístese de medievo

A localidade de Sobrado, no concello de P. de Trives, celebra esta fin de semana (2 e 3 de agosto) a cuarta edición da Festa Medieval organizada pola Asociación Cultural Fulión de Sobrado.

O programa, de dous días de duración, encetábase coa decoración das rúas do pobo para recrear a anexión do Foral de Sobrado e os seus Mosteiros á Coroa de Felipe II, e incluirá un mercadiño de época na praza, a elección do Rei das Festas, unha cea medieval, xogos e torneos populares, así como a queira da meiga, entre outras propostas.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button