DeportesOpiniónÚltima hora

Sobre o nome do pavillón de Vilamartín

Artigo de opinión remitido por Manolo López

 

Con todos os respectos para LUIS NOGUEIRA, gran deportista de San Vicente, en Vilamartín o 99% dos veciños non o coñece. Penso que o seu gran mérito é ser de San Vicente e presumir del (como ten que ser), pero para cambiar o nome do pavillón de Vilamartín penso que non é bastante. El xa ten unha Rúa no seu pobo e merecida. E ademais sen consenso coa oposición, que para isto si que debería de haber…

Se se quería cambiar o nome do pavillón puidéronse propoñer máis nomes, penso que os hai… EVA ARIAS, que si presume de Vilamartinesa e méritos deportivos non lle faltan, JOSE LUIS (Calis) en cadeira de rodas desde hai máis de 40 anos, cando era xogador do seu querido Vilamartín de fútbol nun accidente… E seguro que por méritos hai máis, e buscar o consenso, pois o Pavillón é de todos e, si ten un nome, que a maioría dos Vilamartineses estiveran contentos e orgullosos de a quen se distingue cunha homenaxe destas características.

Texto: Manolo López.

Artigos relacionados

Back to top button