PolíticaÚltima hora

A socialista Noela Blanco pregunta no Parlamento sobre o peche de oficinas de Correos no rural ourensán

A deputada ourensá vén de presentar unha batería de iniciativas parlamentarias sobre o inminente peche “como mínimo das oficinas de correos de Viana do Bolo, Leiro, A Gudiña, Trives, Barbantes e Cortegada”
A deputada socialista Noela Blanco, no Parlamento galego./ Foto: Carlos G. Hervella.

En base ao recorte na partida que os orzamentos do Estado 2017 asignan ao “servizo postal no rural” está “en perigo a garantía do dereito de toda a cidadanía ás comunicacións postais, sobre todo no ámbito rural para o mantemento da prestación dun servizo público de calidade”, segundo o PSdeG-PSOE. Así se recolle no texto das preguntas orais que a deputada socialista ourensá Noela Blanco vén de presentar no Parlamento de Galicia.

Na mesma, presentada para o seu debate no pleno, pregúntase qué repercusións considera o Goberno galego que podería ter a eliminación deste servizo nos muncipios de Viana do Bolo, Trives, A Gudiña, Leiro, Barbantes e Cortegada.

A deputada socialista sinala que este retallo, ademais de empobrecer o servizo para a cidadanía do medio rural, que “ten o mesmo dereito que tódolos demais a ter un servizo público de calidade”, suporá que “vai precarizar o emprego, recortar o persoal, lastrar a conta de resultados de Correos”. E advirte de que esta situación, provocada polos recortes orzamentarios por parte do goberno, pon en perigo o dereito da cidadanía ás comunicacións postais.

Blanco ironizou co feito de que esta decisión supón “unha mostra máis do compromiso de Feijóo coa que vén de bautizar como Lexislatura do Rural”, que “non fai máis que asumir medidas do Goberno central que supoñen o aceleramento do despoboamento do noso rural”.

Artigos relacionados

Back to top button