CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Soldados da Guardia Real no colexio Pablo VI-Fátima da Rúa

Durante toda a mañá do 18 de maio realizaron actividades para todos os alumnos do centro

A Guardia Real está en Valdeorras. Chegaban na tarde do 17 de maio e durante catro días levarán a cabo diferentes actividades sociais, deportivas, culturais e tamén educativas coa visita a centros escolares da comarca incluída.

Así, na mañá do 18 de maio sete soldados estiveron no Colexio Diocesano Pablo VI-Fátima da Rúa e alí levaron a cabo diferentes actividades para todos os alumnos dende os de Infantil ata os de Bacharelato. Dende unha charla informativa sobre os requsitos para entrar na Guardia, ata a proxección dun video sobre as diferentes unidades coas que contan, pasando por unha exposición de armas (que os alumnos puideron tocar e probar) e mesmo un descenso con tirolina que fixo as delicias dos máis pequenos.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button