CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Soleada mañá de magosto no colexio San Pablo VI-Fátima da Rúa

Os alumnos de Educación Infantil e Primaria degustaron as castañas asadas no patio

Uns antes e outros despois. En plena campaña de castañas, un a un os centros escolares da comarca de Valdeorras van celebrando os seus particulares magostos. O 14 de novembro tocoulle o turno ao San Pablo VI-Fátima da Rúa.

Nunha soleada e ata calurosa mañá, os cativos de Educación Infantil e Primaria do colexio puderon degustar unhas suculentas castañas, previamente asadas nun bombo nunha finca cercana ao centro escolar. Alí, os nenos reunidos por clases puderon comprobar como se preparaban, antes de ir ao patio para comelas e de paso, desfrutar como nenos que son, da parte máis divertida: pintar as caras cos tizóns.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button