A RúaConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Soleada pero fría mañá de feira en Fontei (A Rúa)

 

Seguimos en estado de alarma, pero pouco a pouco e grazas á considerable melloría na situación sanitaria, vaise recuperando certa normalidade. Así se podía comprobar na mañá deste mércores 7 de abril na Rúa.

Coas medidas sanitarias vixentes e seguindo un riguroso protocolo (mascarilla, dirección única no acceso, xel hidroalcohólico,…), nunha mañá soleada pero fría e cun forte vento, desenvolvíase a feira do mes en Fontei. Unha feira que nesta ocasión presentaba unha variedade con respecto a outros meses. Na zona superior, xa na praza de Fontei, ampliaron a zona cara ao adro da igrexa (cortando un trozo de estrada), co cal podían colocarse máis postos mantendo a distancia estipulada.

Entre os postos, coma sempre moitos de comida (froita, embutidos, salazóns, doces e por suposto polbo), de calzado, de roupa e tamén de produtos de horta (tomates, pementos, cebolas, árbores frutais,…), estes últimos moi concurridos, inmersos como estamos na primavera.

Coma sempre, os voluntarios de Protección Civil encargáronse de controlar o acceso ao recinto feiral.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button