DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Soleada tarde de fútbol no campo de San Martiño, en Quiroga

1-3 perdía o equipo verdibranco ante o Paradela, na quinta xornada de liga en 3ª autonómica

Os afeccionados que se achegan ata o campo de fútbol San Martiño, en Quiroga, non só teñen a posibilidade de disfrutar dunha entretida tarde de fútbol, senón de obter información moi útil sobre a distancia á que se atopan outros campos de referencia (Riazor, 178 km; Balaídos, 171 km; Santiago Bernabeu, 472 km; Camp Nou, 956 km,…).

Así o puderon comprobar os asistentes ao partido correspondente á 5ª xornada de liga en terceira autonómica disputado na tarde do 8 de outubro. Dun lado do campo o  equipo local, o Quiroga FC, do outro o Paradela e entre medias noventa minutos nos que se marcaron 4 goles: 1 por parte do Quiroga e 3 do Paradela.

Con este resultado o conxunto quirogués suma a segunda derrota da tempada, manténdose no quinto posto da clasificación, a catro puntos do líder, o Monterroso.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button