ConcellosÚltima hora

Soledad Felloza leva a Trives historias de nenas e mulleres que voan alto

Esta narradora oral presentará o 13 de setembro na vila o seu espectáculo "Bolboretas"

Soledad Felloza nun dos momentos do seu espectáculo “Bolboretas”./ Foto: A.R.

Na Biblioteca Municipal de Trives poderá verse este vindeiro venres 13 de setembro ás 17h. o espectáculo “Bolboretas” da narradora oral Soledad Felloza. Nel esta contadora compartirá as súas historias de mulleres e nenas que alzan o voo e chegan alto para “amosarnos un mundo sen violencia no que a igualdade é posible”, destacan dende o Concello de Trives.

Esta actuación, enmarcada no apartado da igualdade de xénero, vai dirixida ao público familiar, especialmente a nenos e nenas entre 4 e 12 anos. Serán “50 minutos cargados de gran simbolismo e emotividade”, segundo o Concello trivés. A entrada é de balde. Esta actividade forma parte do programa “Ler conta moito”.

 

Artigos relacionados

Back to top button