CulturaCulturaÚltima hora

Soledad Felloza proponlle aos nenos “vendimar versos” o 19 de maio no Barco

Presenta un contacontos sobre a obra do poeta Florencio Delgado Gurriarán ás 19h. na biblioteca

Soledad Felloza nun dos momentos do seu espectáculo “Bolboretas”./ Foto: A.R.

 

O vindeiro xoves 19 de maio ás 19h. terá lugar na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco o contacontos infantil da man da actriz Soledad Felloza. Presentará o seu espectáculo “Vendimando versos. Unha viaxe de Valdeorras a México”, que inclúe versos e crónicas arredor da obra do poeta corgomés  Florencio Delgado Gurriarán.

Trátase dunha “historia de amor pola terra, a lingua e os costumes e tradicións dos seus veciños”, adianta.

 

Artigos relacionados

Back to top button