En portadaÚltima hora

Solicitada a situación de nivel 2 pola proximidade das chamas a Rairos (Ribas de Sil)

O lume leva queimadas unhas 200 hectáreas e afecta ao veciño concello de Quiroga

Foto: @BrifLaza.

 

A Consellería do Medio Rural vén de solicitar como medida preventiva a Situación 2 no incendio forestal activo arestora no concello lugués de Ribas de Sil, parroquia homónima. Esta situación operativa de emerxencia declárase pola proximidade do lume ao núcleo de Rairos.

Este lume comezou ás 12:47 h. de hoxe e permanece activo arestora. Segundo as últimas estimacións de Medio Rural, afecta unha superficie dunhas 200 hectáreas e, cruzou o río, afecta tamén ao veciño concello de Quiroga. Segundo os veciños deste último momento, nestes momentos non dispoñen de servizo de electricidade e telefonía.

Ata o momento mobilizáronse para controlalo 2 técnicos, 3 axentes, 12 brigadas, 5 avións e 7 helicópteros. Tamén está solicitada a intervención da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Nogueira

Permanece activo o lume rexistrado ás 21,42 h. de onte no concello lugués de Ribas de Sil, parroquia de Nogueira. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 140 hectáreas. Para o seu control mobilizáronse ata o de agora 5 técnicos, 16 axentes, 30 brigadas, 26 motobombas, 4 pas, 7 avións e 6 helicópteros.

Artigos relacionados

Back to top button