En portadaÚltima hora

Sólida vitoria da selección feminina do valdeorrés Lucas Mondelo na súa estrea no Eurobasket

Derrotaba cun marcador de 77/95 a unha Ucraína cuxa única baza parecía ser a xogadora Iagupova

Non podía comezar de mellor xeito o Eurobasket para a selección española feminina que dirixe o técnico de orixe valdeorresa Lucas Mondelo. Ás oito desta tarde España, a vixente campioa europea, xogaba en Riga o seu primeiro partido con Ucraína, á que vencía cunha sólida e solvente vitoria traballada xa dende os primeiros cuartos e ata os derradeiros minutos.

As xogadoras españolas chegaban ao descanso, tras os dous primeiros cuartos, cun marcador positivo pero un tanto axustado de 42/46, despois de que Ucrania botase man de Iagupova, piar básico deste equipo.

Sen embargo, España comezaba o terceiro cuarto con moita forza encadeando triples, comezando polos de de Anna Cruz e Xargay, e despragando un xogo serio, correcto tanto en porcentaxes como en perdas de balóns e de equipo, fronte ao case individual de Ucraína que se apoiaba en Iagupova.

A vantaxe do conxunto de Lucas Mondelo ía avanzando progresivamente ata chegar a poñerse en 47/61 e continuar subindo ata finalizar o encontro cun resultado de 77/95, unha anotación ademais moi elevada para un partido de Eurobasket, comparándoa tamén coa dos outros encontros.

Tras derrotar as ucraínas, España medirase mañá con Gran Bretaña co obxectivo de situarse primeira de grupo. Como vén sendo habitual neste tipo de citas internacionais, Mondelo estaba apoiado dende as bancadas por parte da súa familia valdeorresa.

Artigos relacionados

Back to top button