Galerías de fotosSanidadeÚltima hora

Solidariedade con sabor a chocolate no Barco para loitar contra o cancro

A AECC organizaba unha exitosa chocolatada benéfica no Casino da vila á que asistían unhas 180 persoas

Cun sorteo de agasallos doados por diversos establecementos comerciais valdeorreses finalizaba a chocolatada benéfica que a Asociación Española contra o Cancro (AECC) de Valdeorras organizaba na tarde do 24 de novembro no Casino do Barco.

A convocatoria, coa que se busca recaudar fondos para as súas actividades, resultaba todo un éxito e superábanse as cifras da pasada edición. Unhas 180 persoas compartían un delicioso chocolate con churros, preparado con agarimo por Tina e Lina, acompañado por uns saborosos churros elaborados por Richar do Café Lisboa.

Ademais coa organización desta iniciativa colaboraban dez establecementos comerciais de Valdeorras tanto vendendo ás entradas ao acto como doando unha serie de produtos que logo se sorteaban entre os asistentes coa referencia da súa entrada.

“Temos que agradecerlles a súa colaboración desinteresada, tamén estamos moi agradecidas ao Casino do Barco polo seu apoio e por deixarnos as súas instalacións, así como ao Concello do Barco por cedernos as sillas e a Break&Bread que aportou as bicas que se serviron. E, por suposto, o noso agradecemento á xente que vén e que participaba e sen a cal non sería posible este acto”, dicía a presidenta da AECC Valdeorras, Gloria Pérez, acompañada polas voluntarias da asociación.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button