As persoas que se acheguen pola biblioteca recibirán un libro a cambio de doar un quilo de alimentos non perecedoiros ata o 22 de decembro
No marco da celebración das festas do Nadal a Biblioteca Municipal da Pobra de Trives celebrará entre os días 3 e 22 de decembro un “Mercadiño do Libro Usado”, que consistirá nun intercambio de libros alimentos.
Deste xeito, as persoas que se acheguen á Biblioteca Municipal nesas datas, poderán adquirir un libro do seu interese a cambio de doar un quilo de alimentos non perecedoiros. “Estes libros son previas doazóns de usuarios e usuarias á biblioteca municipal e que actualmente están descatalogados para formar parte da súa colección”, indican dende a Biblioteca de Trives.