ConcellosÚltima hora

A solidariedade recala en Verín

O concello pon en marcha a primeira edición da Feira Solidaria para recadar fondos para os colectivos máis desfavorecidos da comarca de Monterrei
Cartaz da I Feira Solidaria que organiza o Concello de Verín.
Cartaz da I Feira Solidaria que organiza o Concello de Verín.

Verín converterase este domingo 15 de maio na capital da solidariedade, coa celebración da I Festa Solidaria da comarca de Monterrei. Este evento está posto en marcha polo concello coa idea de pór en valor o labor das asociacións sen ánimo de lucro, ademais de recadar fondos para os colectivos máis desfavorecidos da zona. Tamén se buscará axuda para unha menor verinense afectada por unha enfermedade dexenerativa.

Cerca dunha vintena de entidades terá representación neste expositor, que será desplegado na Praza da Mercé. Os stands abrirán arredor das 10:00 horas e manteranse abertos en horario continuo até as 20:00 horas. Pero ademais disto, a programación contempla máis actividades.

Deste xeito, ás 11:00 horas, haberá un obradoiro de maquillaxe de medo para público infantil e, contra o mediodía, celebrarase unha demostración de clases de pandeireta. Xa pola tarde, o espectáculo continuará ás 16:00 horas cun axedrez xigante. Media hora máis tarde, levarase a cabo unha carreira infantil de relevos. O deporte continuará presente ás 17:00 horas, cunha demostración de clases de baile. E, finalmente, ás 18:00 horas haberá unha demostración do obradoiro de cesteiría.

Dende o concello indican que non é necesario realizar inscrición previa para participar nas actividades anteriormente sinaladas.

Artigos relacionados

Back to top button