Un ano máis o colexio Pablo VI-Fátima da Rúa uniuse á celebración do Día da Paz. O acto, celebrado na mañá do 30 de xaneiro no patido co centro escolar, incluíu a lectura dun manifesto para “coas mans unidas frear as guerras e deter a violencia para así construír a paz” e a tradicional solta dunha pomba branca, como símbolo de paz.
Tamén aproveitaron para celebrar a “operación bocata”, comendo todos xuntos no patio.
Fotos cedidas.