A RúaConcellosÚltima hora

Sóltaselle a caixa a un camión no casco urbano da Rúa

 

Na mañá deste domingo 19 de decembro producíase un incidente na Rúa no que se vía implicado un camión ao que se lle saía a caixa.

Pasadas as 13 horas, o camión permanecía parado no medio da céntrica rúa Campogrande pola que circulaba dirección O Barco, ocupando un dos carrís da vía, despois de que a caixa se soltase do eixe e quedara xirada, sen producir máis danos.

No lugar dos feitos estaba a Policía Local dirixindo o tráfico e tamén a Garda Civil.

 

Artigos relacionados

Back to top button