CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Son do Sil actúa mañá, 6 de setembro, nas Festas da Encina de Ponferrada

O concerto será ás 00:00 horas na praza do Concello

Son do Sil. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende Ribadeo ata Rebordans (Tui), pasando pola Feira do Pemento de Oímbra ou Ponferrada. Un ano máis o verán está sendo moi activo para a agrupación valdeorresa Son do Sil, que de novo forma parte do cartel musical das Festas da Encina.

O concerto será mañá, venres 6 de setembro, ás 00:00h. na praza Concello e no repertorio non faltarán temas clásicos nas súas actuacións, nin tampouco cancións novas (en castelán, galego, inglés e mesmo francés), incluídas no seu último disco e algunha que outra sorpresa.

Artigos relacionados

Back to top button