OurenseÚltima hora

Son do Sil actuará o 6 de abril en Xinzo de Limia

A agrupación valdeorresa dará un concerto ás 20h. na Casa da Cultura desta localidade ourensá
O grupo Son do Sil durante unha actuación.

Ata terras limiás desprazarase o vindeiro sábado 6 de abril a agrupación valdeorresa Son do Sil. Actuará  a partires das 20h. no auditorio municipal da Casa da Cultura de Xinzo de Limia. “Será un concerto na liña das rondallas e agrupacións musicais de mozos que proliferaron en Xinzo e moi populares  e de gran soa e popularidade entre a poboación local no século pasado”, segundo explican dende o Concello.

Son do Sil está formado por 32 voces masculinas de gran versatilidade en xéneros e rexistros. Naceu como formación musical no 2007, formando parte del músicos e cantantes de moi diversas procedencias, entre as que destacan as Tunas de O’Barco e outras tunas universitarias, ademais de  agrupacións corais, como o Orfeón Valdeorrés. O nexo entre os seus compoñentes foi a intención de ofrecer ao público concertos en directo de música melódica especialmente boleros e tangos.

O seu repertorio foise ampliando a xéneros tan variados como o pop, o rock ou a música étnica americana, ademais da música galega con cancións e musicalizacións de poemas de autores tales como Manuel María ou Rosalía de Castro.

Este concerto que ofrecerán en Xinzo foi programado pola Concellería de Cultura do Concello de Xinzo, que conta coa colaboración da Consellería de Cultura da Xunta de Galica.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button