CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Son do Sil pecha unha intensa X Mostra de Patrimonio Inmaterial en Trives

Ao longo de tres días, do 10 ao 12 de agosto, a vila de Trives enchíase de música, cantos, artesanía, actividades lúdicas, tradición e festa. A X Mostra de Patrimonio Inmaterial que promove a Asociación Cultural A Caniceira resultaba un auténtico éxito de público e de participación.

O programa chegaba ao seu momento álxido na tarde do 12 de agosto cun concurrido desfile de folións pola vila e co broche musical do grupo valdeorrés Son do Sil, que facía as probas de son entre tanto na praza do Reloxo. Pasadas ás dez e media da noite o grupo enchía a praza do Reloxo nunha fin de festa moi especial.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información e fotos:
https://osil.info/a-ritmo-de-folions-en-pleno-agosto-en-trives/

Artigos relacionados

Back to top button