CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Son do Sil volve conquistar ao público barquense

Actuaba na noite do 8 de setembro á beira do río, no Barco de Valdeorras

A carón do río que lle dá nome e coa ollada posta no ceo que ameazaba tormenta, Son do Sil actuaba na noite do 8 de setembro no Barco. E cseu concerto á beira do Sil, a agrupación barquense pechaba a primeira xornada da Feira de Valdeorras, que reúne unha serie de actividades previas ás Festas do Cristo.

Despois de actuar en escenarios moi variados como Ribadeo, Puente de Domingo Flórez ou A Pobra de Trives, Son do Sil regresaba ás Festas do Cristo e como sempre que actúa en casa, o de hoxe foi un concerto moi especial seguido por numeroso público que desfrutou coas cancións do segundo disco 10 años contigo, dos temas de sempre que a xente lles pide unha e outra vez e tamén dalgún tema inédito.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button