CulturaCulturaMúsica

Son do Sil presenta o seu novo disco nun multitudinario concerto no Barco

Centos de persoas asistían a actuación no Teatro Lauro Olmo que marca o inico da xira “10 años contigo”

Os numerosos seguidores de Son do Sil levaban tempo esperando este momento. Era moita a expectación e despois de moitos meses de esforzo e traballo que collían forma nos Estudios Infossound de Toral de Merayo, o segundo e esperado disco da agrupación valdeorresa está por fin na rúa.

A presentación oficial de “10 años contigo”, tiña lugar na tarde do 8 de abril nun completo Teatro Lauro Olmo no que un a un foron cantando os temas que forman parte deste traballo de estudo, que como eles mesmos din, recolle o devir do grupo ao longo desta década.

Mentres o público ía collendo sitio, proxectábase na pantalla un video sobre a gravación do disco mentres soaba un dos temas incluído, Galicia docemente. De seguido, co son da gaita de fondo os máis de 40 membros que forman a familia Son do Sil íanse colocando no seu sitio sobre o escenario, e comezaba o concerto. Facíao cunha marchosa versión de El calor del amor en un bar e despois Can’t help falling in love  (coa imaxe de Elvis Presley de fondo). Seguiu o popurri 10 años contigo; Alfonsina y el mar; Adiós ríos, adiós fontes; la vie en rose,… Cancións en castelán, en galego, inglés e francés, de diferentes estilos (do bolero ao rock) que fan deste traballo, un completísimo disco con quince temas que xa está á venda en diferentes establecementos da comarca.

O acto contou asemade coa presenza da presentadora Belén Xestal quen loou sobre o escenario o labor do grupo asegurando que son “uns profesionais, polo valor que teñen no escenario e polo ben que o fan, un tesouro que hai que coidar, mimar, querer e aupar”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button