En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Son trivés nos II Cantos de Taberna de Quiroga

Sete grupos participaban nesta iniciativa musical que enchía de público os bares da vila

Música tradicional de bar en bar e dende as seis da tarde ata a medianoite. A segunda edición dos Cantos de Taberna de Quiroga enchía de melodías e de público os bares desta localidade lucense na tarde e noite do 7 de xaneiro.

Malia ao frío, eran moitas as persoas que desfrutaban en cada un dos locais de hostalaría das actuacións de ata sete grupos diferentes, que cantaban e tocaban gaitas, pandeiretas e outros instrumentos de percusion como bombos. Entre as eles estaban As Macizas Centrais de Trives, pero tamén formacións locais como “Os do Recanto” e “Os Palletas”, xunto con “Corentechinco Boys”, “Os Estoupa Foles” e “Os Somontanos” da Pobra do Brollón e “As Cantareiras da Unión” de Sarria.

En definitiva, moita música, cantos, bailes e festa compartida ao longo de seis horas nos establecementos de hostalaría quirogueses. Esta actividade ten sido organizada polo Concello de Quiroga, a través da Área de Xuventude e estaba incluída no programa de Nadal deste municipio.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button