Publicidade
Galerías de fotosOurenseÚltima hora

“Soneto no alfabeto”, a nova achega poética de Xoán Carlos Domínguez

Este poemario, dirixido á xuventude, presentábase na tarde do 8 de marzo en Ourense

Nova proposta poética de Xoán Carlos Domínguez Alberte para a xente máis xove. Despois da boa acollida do seu anterior libro, “Versos para conversar”, este autor das terras de Celanova vén de publicar un novo poemario de 64 páxinas pensando nos lectores mozos. Trátase de “Soneto no alfabeto” (Galaxia, colección Costa Oeste), unha obra que presentaba na tarde do 8 de marzo na Libraría Punto e Coma de Ourense. Neste acto, o autor estaba acompañado por Delfín Caseiro Nogueiras e por Francisco Castro, director xeral de Galaxia.

Esta nova publicación de Domínguez Alberte é un “libro de sonetos nos que cada poema se centra nunha letra distinta da nosa lingua. Un exercicio lírico que demostra a relación feliz do autor coa lingua galega e que ás e ós mozos proporcionará momentos de gozo lector”, segundo a editorial.

Fotos cedidas.

 

Portada do libro.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close