PolíticaÚltima hora

Soraya Sáenz de Santamaría, a máis votada polos militantes do PP ourensán

Na provincia rexistrábaseun 95 % de participación nesta primeira volta das primarias do partido
Votación na mesa electoral instalada na sede do PP do Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

Cunha elevada porcentaxe de participación que acadou o 94,57 % (488 votos emitidos dun censo de 516 inscritos) respondían os miltantes do PP de Ourense na primeira volta das elección para elixir ao presidente nacional do seu partido. Na provincia había dez mesas habilitadas para realizar as votacións, entre as que estaba a da sede do PP no Barco.

Logo do reconto, Soraya Sáenz de Santamaría, con 206 papeletas, foi a precandidata que máis votos recibiu. María Dolores de Cospedal alcanzou o segundo posto, con 177 votos, e Pablo Casado obtivo 94. José María Margallo con 4; José Ramón García con 3; e Elio Cabanes con 1 voto completan o resultado final, segundo os datos feitos públicos polo PP de Ourense.

Nos dez colexios electorais tamén estaba habilitada unha segunda urna para os mozos de Novas Xeracións, que tiñan que escoller a un compromisario para o congreso extraordinario. Tamén neste caso a participación foi maioritaria, posto que dun censo de 26 mozos votaron 25, segundo informa o PP de Ourense.

Para o presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, a “elevada porcentaxe de participación dos afiliados inscritos neste proceso é unha mostra máis da mobilización da que fai gala o PP de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close