ConcellosÚltima hora

Sotelo Blanco presenta en Castro Caldelas “Quintela de Mazaira. Terra e xente”

Tras o acto asinábase un convenio entre o Concello e a Deputación para trasladar o Museo Antropolóxico da Ribeira Sacra a Castro Caldelas

 

Un dos momentos da presentación do libro no Castelo de Castro Caldelas.

O Castelo de Castro Caldelas convertíase no mediodía do 11 de outubro en escenario da presentación do libro  “Quintela de Mazaira” de Olegario Sotelo Blanco. O acto contaba coa asistencia da alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega, e do presidente da Deputación, Manuel Baltar, entre outras autoridades.

Despois da presentación tiña lugar a sinatura dun convenio de traslado do Museo Antropolóxico da Ribeira Sacra a Castro Caldelas. Será un espazo expositivo que terá como obxectivo “potenciar o valor cultural e etnográfico dunhas das comarcas galegas máis importantes desde o punto de vista histórico e monumental”, en palabras do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar. O Museo Antropolóxico da Ribeira Sacra ubicarase no edificio que albergou o Centro de Desenvolvemento Comarcal de Castro Caldelas

Pola súa banda, a alcaldesa Sara Inés Vega expresaba o orgullo que suporá para Castro Caldelas contar con este novo espazo expositivo “para a cultura, a historia e as tradicións da nosa comarca, que será un punto de encontro para atraer investigadores e turistas”.

Autoridades asistentes ao acto.

Artigos relacionados

Back to top button