EconomíaEconomíaÚltima hora

Spedion inaugura as súas novas instalacións na Rúa

A firma con matriz alemá, ubicada na rúa Doutor Vila, aposta por "favorecer a dixitalización no sector do transporte por estrada co desenvolvemento de ferramentas telemáticas"

Publicidade
Fachada de Spedion na rúa Doutor Vila, na Rúa.

 

Spedion, firma fundada en Alemaña no ano 2002 cuxa sede para España e Portugal aséntase en Valdeorras desde o 2017, ratifica a súa aposta pola comarca inaugurando as novas instalacións na Rúa, que substitúen ás que ata o de agora estiveran funcionando no Polígono Industrial da Raña (no Barco de Valdeorras).

Así, o director executivo da compañía, Spedion, visitaba na mañá deste martes 27 de outubro a nova sede da empresa, á que se referiu como “máis moderna e funcional” e dende a que se poderán “ofrecer respostas operativas aos retos e desafíos que a empresa ten na Península Ibérica”.

Estas novas instalacións, situadas na rúa Doutor Vila, constan de 167 metros cadrados de oficinas e almacén e nelas desenvolven a súa actividade laboral, actualmente, seis traballadores. “O espazo de traballo é aberto, sen divisións, e máis amplo e aproveitable que o anterior, o que favorece a cohesión e o traballo en equipo”, sostén a directora da empresa en España, Beatriz García.

 

Interior das novas instalacións de Spedion na Rúa.

 

Spedion, é unha das empresas con maior proxcción internacional no ámbito da creación e innovación de sistemas de xestión de frotas no sector do transporte e aposta por ofrecer solucións TIC para fortalecer a competitividade do transporte por estrada, un ámbito cuxa relevancia se evidenciou durante o confinamento ao ser declarado esencial. “Precisamente, a xestión telemática de frotas de transporte é clave para que este sector se fortaleza ao tempo que permite optimizar a xestión de roteiros e cargas, posibilitando que as empresas do sector aproveiten ao máximo as oportunidades de negocio e a capacidade dos seus vehículos”, sinalou Grohse. “Un dos principais obxectivos da nosa compañía é conseguir que calquera empresa de transporte, sexan cales sexan as súas características, poida resultar competitiva no mercado actual”, engadiu. Por este motivo, favorecer a súa “dixitalización converteuse nunha cuestión crucial”, indicou o director executivo da firma durante a súa visita ás novas instalacións da empresa.

Artigos relacionados

Back to top button