OurenseÚltima hora

Sportur abre as portas en Expourense mesturando turismo e deporte para vender Galicia como “destino activo e de calidade”

A inauguración do salón contou coa visita dos deportistas Alejandro Fernández (campión da Carreira de San Martiño) e Ainoha García (subcampioa de Europa júnior de taekwondo)

 

Na mañá deste venres 19 de novembro Sportur Galicia abrías en Expourense as portas da súa IV edición co obxectivo de “vender Galicia como un destino activo, sostible, de calidade e seguro” e tamén para posionar ao turismo activo como “un sector en crecemento”, xa que ofrece todo o que o turista post-covid busca: actividades ao aire libre respectuosas coa natureza e con aloxamentos rurais en lugares desmasificados. A demanda de turismo activo medrou en España un 40% no último ano e Galicia cumpre os requisitos para liderar tamén a oferta neste sector, habiendo x ana nosa comunidade máis de 60 empresas que se adican en exclusiva a organizar estancias e actividades vencelladas co turismo deportivo.

Tal e como indicou o delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, durante o acto inaugural, “na actualidade, a fórmula que combina turismo e deporte estase a constituír como un dos atractivos máis importantes na nova oferta turística, xa que é un mercado en expansión e ofrece grandes beneficios económicos a nivel local, autonómico e nacional”. Tamén explicou que “o turismo activo encaixa perfectamente no modelo de turismo seguro, de calidade e sostible polo que aposta a Xunta a través do Plan Galicia Destino Seguro 2021 – 2023. O reforzo de Galicia como destino seguro e de calidade foi precisamente o que permitiu que a provincia de Ourense no acumulado do ano ata setembro recibira 216.604 viaxeiros, e nos meses de xullo e agosto, Ourense cidade recuperou o 96% da súa demanda turística hoteleira”. O delegado estivo acompañado no acto inaugural polo vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; pola concelleira de Turismo de Ourense, Flora Moure, e polo director xerente de Expourense, Rogelio Martínez, entre outros representantes institucionais e empresariais.

 

Autoridades con Ainhoa García, García, subcampiona de Europa junior de taekwondo, na inauguración.

 

Sportur Galicia 2021 convoca a unha trintena de expositores entre os que se atopan federacións e clubes deportivos de Galicia e destinos de turismo activo e vencellados coa natureza. Esta cita contacon tres eixos: á área expositiva; a área formativa que inclúe as xornadas técnicas profesionais e a área deportiva. Esta última inclúe campionatos e exhibicións nas que se usará tamén a pista de atletismo cuberta instalada no recinto, unha das mellores de Europa e unha das 30 existentes no Mundo, e na que se compatibiliza unha vez máis o uso deportivo co uso feiral dentro dun dos eventos organizados por Expourense.

Sportur Galicia, última cita do calendario feiral de Expourense para o 2021, serve precisamente de ponte entre a actividade feiral e a actividade deportiva quese estreará a vindeira fin de semana, do 26 ó 28 de novembro, coa celebración do XXXII Campionato de España de Atletismo Master en Pista Cuberta. A pista de Expourense xa está instalada para esta tempada 2021/2022. Esa primeira mañá de Sportur Galicia foi probada xa por maís de 250 escolares de Primaria dunha ducia de centros da capital ourensá que realizaron distintas probas na pista convocados pola Federación galega de Atletismo e o programa “Xogando ao Atletismo”.

 

O hexacampión da San Martiño, Alejandro Fernández (no centro), tamén estivo na inauguración de Sportur.

 

Durante esta primeira xornada tamén se puido presumir de canteira deportiva ourensá e o salón contou coa participación como relator de Alejandro Fernández, o último gañador (e van 6) da Carreira Popular de San Martiño. Tamén visitou o salón nesta primeira xornada a deportista de Castrelo de Miño, Ainoha García, que ven de ganar a Medalla de Prata no Campionato de Europa Junior de Taekwondo celebrado hai uns días en Sarajevo.

A entrada a Sportur Galicia é gratuíta. As novidades desta cita poden seguirse a través da súa web www.sporturgalicia.com ou dos perfís en Facebook e Twitter. O horario de feira será o mañá sábado 20 de novembro de 10:30 a 14:30 e de 16 a 20h.

Artigos relacionados

Back to top button