OurenseÚltima hora

Sportur Galicia recibiu en Expourense máis de 10.000 visitas en dous días

Foi o escenario elixido por 36 federacións e clubs para celebrar campionatos e torneos de carácter provincial e autonómico

 

A terceira edición e Sportur Galicia pechaba as súas portas en Expourense logo de visibilizar durante dous días o “bo momento que viven o deporte e o turismo activo en Galicia e tamén no norte de Portugal”, aseguran dende a organización. Unha afirmación que quedou patente sobre todo na xornada do sábado na que se celebraron multitude de campionatos e torneos de carácter autonómico sobre todo e nos que participaron milleiros de deportistas chegados de toda Galicia. O II Torneo Sportur de Kickboxing, o Torneo de Esgrima Antiga Cidade das Burgas, os trofeos absolutos de halterofilia de Galicia, os torneos de kung-fu e taekwondo, o campionato galego de escalada en bloque ou o Torneo de Xadrez Cidade de Ourense foron as probas que maior número de deportistas movilizaron, superando nalgúns casos os 200 participantes que ademáis chegaron acompañados polas súas familias. En total, e a falta de contabilizar as visitas de última hora esta tarde, calcúlase que Sportur Galicia “superou as 10.000 visitas destacando a ademais que a inmensa maioría delas participou activamente nas 60 actividades dispoñibles”, din dende Expourense.

O atletismo voltou ser un dos protagonistas durante a segunda xornada de Sportur Galicia xa que,a demais de ser punto de entrega dos dorsais da XLII Carreira Pedestre Popular do San Martiño, o Clube Atletismo Ourense convocou no recinto aos seus socios e tamén foron entregadas as medallas do circuíto “Correndo por Ourense” que organiza o Consello Municipal de Deportes de Ourense. O outro gran protagonista da xornada foi a ximkana hinchable “Iron Children” achegada pola Concellería de Xuventude de Ourense e que chamou a atención de centos de visitantes e tamén dos participantes noutras actividades.

Este salón tamén foi o punto de encontro dos equipos cos seus siareiros como foi o caso do COB ou dos xogadores do Ourense C.F. ou da U.D. Ourense. Destacou tamán a presenza da montañista navarra Susana Ruiz Mostazo, quen impariu unha conferencia sobre “os somos non teñen cima” na que contou a súa experiencia na escalada de cumios como o Everest a pesar da súa diabetes. Otras das actividades máis concorridas foron as clases de tecnificación de ximnasia rítmica que convocaron a ximnasta de toda Galicia para recibir dúas xornadas de clase coa olímpica e seleccionadora bielorrusa de ximnasia rítmica junior, Nelly Pischelina.

Artigos relacionados

Back to top button