OurenseÚltima hora

Sportur nace co obxectivo de amosar Galicia como destino de turismo activo

Expourense acollerá este salón os vindeiros días 17, 18 e 19 de novembro cun un cento de expositores e servirá como punto de encontro entre profesionais e viaxeiros en busca de aventura
Rosendo Fernández, Marta Míguez, Jesús Vázquez, Nava Castro e Alejandro Rubín. // Foto: Carlos Asensio.

Os vindeiros días 17, 18 e 19 de novembro o recinto feiral de Expourense acollerá Sportur, o primeiro salón de turismo activo de Galicia. Máis de 100 expositores de Galicia e Portugal van participar nesta cita co claro obxectivo, segundo dixo hoxe, 14 de novembro, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, “de converter a Ourense no punto de encontro para profesionais e viaxeiros en busca de aventura”, así como de posicionar á comunidade autónoma como destino para as actividades ao aire libre. Dos 100 expositores, 25 son clubs e asociacións de distintos deportes.

Segundo dixo a directora, este salón “é o exemplo perfecto para falar do futuro do turismo en Galicia”. Castro reiterou que este tipo de turismo activo proporciona unha grande oportunidade para “desestacionalizar” a través dun calendario con distintos eventos deportivos ao longo de todo o ano, así como “actividades de ocio en familia”.

Castro estivo acompañada polo director de Expourense, Alejandro Rubín, que asegurou que o obxectivo futuro de este evento é consolidalo “para facelo internacional”. Pola súa banda, a Secretaria Xeral para o Deporte, Marta Míguez, lembrou a coincidencia no calendario da tradicional carreira popular de San Martiño, que congregará a máis de 11.000 participantes, e todos terán que ir recoller o seu dorsal ao recinto feiral. Tamén a entrega de medallas desta competición, que será o sábado, 18 de novembro, ás 18:00 horas.

En canto ao programa de actividades, Sportur Galicia vai ofrecer máis de 100 actividades. Por exemplo, o primeiro seminario sobre Deporte e Turismo Activo de Galicia, con conferencias e presentacións como a de “Termalismo Deportivo. Palnificación de eventos para Impulsar o Turismo Deportivo”, que impartirá o INORDE. E de Termalismo Deportivo falou o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, na presentación, que asegurou que dende a administración provincial “estamos traballando para dar a coñecer Galicia como destino de Termalismo Deportivo”.

A da Universidade de Vigo chamada “Xeración de Impacto Económico e Turístico a través do Deporte” e a Fundación Deporte Galego presentará “Galicia Activa como ferramenta para o fomento da Actividade Física Saudable como Referencia de Recursos en Galicia”.

Asemade, 25 federacións, asociacións e clubs deportivos presentes neste salón realizarán distintas exhibicións, campionatos e obradoiros.

Texto: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button