CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Sr. Jingles abre a sesión de concertos do SilFest

A banda liderada polo barquense Ramiro Núñez presentou temas do seu primeiro LP, El grito wilhelm

Apenas un mes e medio despois de que o primeiro LP de Sr. Jingles (proxecto musical do barquense Ramiro Núñez) saíse publicado, o cantante e a súa banda estreábanse en directo ante o público. E facíano en casa, no Barco de Valdeorras, no marco da 3ª edición do SilFest, cunha actuación á beira do río Sil que abría a sesión de concertos do festival.

Pasadas as nove e cuarto do venres, 20 de xullo, Sr. Jingles subíase ao escenario D.O. Valdeorras para presentar o seu primeiro traballo. Un disco con doce temas moi potentes e cargados de mensaxes que non deixou indiferente ao público. Cancións como Cocaína, Quemen a la bruja ou Maten al león que forman parte de El grito wilhelm que Ramiro se presenta en directo acompañado por Muki (batería), Rapha (guitarra), Pepe (baixo) e Matías (guitarra), catro músicos vigueses cunha longa traxectoria musical cos que o valdeorrés (guitarra e voz) se complementa á perfección.

Despois de Sr. Jingles, na noite do venres pasaron polo festival bandas como Inerttes, The Parrots, ou Varry Brava. Mañá tocaralle a The Handicaps, Azor 91, Presumido, Nunatak, Dinero e Grises.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button