CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Sr. Jingles será un dos convidados no programa “Aquí Galicia” o sábado 18 de xaneiro

O músico barquense actuará no programa da TVG que emitirá en directo dende O Barco de Valdeorras, no marco da Festa do Botelo

Sr. Jingles no SilFest Valdeorras. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Un ano máis o magacín da televisión galega “Aquí Galicia” emitirá dende O Barco de Valdeorras na tarde do  sábado 18 de xaneiro, no marco da Festa do Botelo que celebra a XX edición. E un dos convidados que se subirá ao escenario para actuar en directo será Sr. Jingles.

Por primeira vez neste programa da TVG o barquense Ramiro Núñez presentará algún dos temas do seu disco El grito wilhelm, un traballo discográfico editado no ano 2018 que contén doce temas propios moi potentes e cargados de mensaxes entre os que destacan títulos como CocaínaQuemen a la bruja, Maten al león, Náufrago ou Niebla.

Ademais de Ramiro Núñez, tamén actuará no “Aquí Galicia” dende O Barco, a agrupación de música e baile tradicional Abertal da Rúa. A partir das catro da tarde, no campo da festa, no Paseo do Malecón.

Artigos relacionados

Back to top button