CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Sr. Jingles, un dos finalistas do I Concurso de Bandas Planeta Sound, de Ponferrada

O tema a concurso é "Fénix" incluído no disco "El Grito Wilhem"

Sr. Jingles (Ramiro Núñez sobre o escenario), no SilFest Valdeorras. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Un pop rock melódico moi audible e unha voz que tende a romper máis en favor do rock que do pop. Así é a música de Sr. Jingles, o álter ego do músico barquense Ramiro Núñez cando sube a un escenario que, despois de moito traballo, editaba o seu disco El Grito Wilhem formado por doce temas e un directo moi contundente.

Producido por Jorge F. Ojea, trátase dun traballo moi especial que inclúe o tema Fénix co que S. Jongles vén de ser seleccionado como un dos vinte finalistas do I Concurso de Bandas Planeta Sound, de Ponferrada.

Segundo as bases do concurso, dende o 15 de febreiro e ata o 31 de marzo estará aberto o prazo para as votacións a través da plataforma do festival (https://planetasound.com/concurso-bandas/). A banda ou artista ganador resultará aquel que a 31 de marzo ás 23:59h. teña máis votos. En caso de empate, o xurado que se encargou da preselección, será quen escolla a banda ganadora.

O premio consiste en ter a oportunidade de tocar na segunda edición do Festival Planeta Sound (FesSval) que terá lugar os días 17, 18 e 19 de xullo en Ponferrada. Ademais a banda ganadora obterá 500 euros para gastos e o catering durante o festival.

 

Artigos relacionados

Back to top button