CulturaCulturaÚltima hora

Con “Star Wars. Los últimos Jedi” volve o cine comercial ao Barco

Poderá verse os días 22, 23, 24 e 25 de decembro no Teatro Lauro Olmo do Barco
Carteleira do Teatro Lauro Olmo do Barco.

As proxeccións de cine comercial regresan ao Barco. E fano coa estrea do filme “Star Wars. Los últimos Jedi” que poderá verse a partires do día 22 de decembro no Teatro Lauro Olmo da vila valdeorresa. As proxeccións do día 22 están previstas para as 19:30h. e as 22:30h. “O 22 de decembro será un día moi importante porque inauguraremos o cine comercial con esta película”, asegura a concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta, que tamén destaca o novo proxector de cine co que conta o Teatro Lauro Olmo do Barco e que supuxo un investimento de 36.000 euros.

Ademais nos vindeiros días está previsto que se renove tamén a pantalla do auditorio barquense, na que se investirán 17.320 euros.

Haberá tamén sesións de “Star Wars. Los últimos Jedi” o día 23 de decembro ás 16:30h., 19:30h. e as 22:30h., así o día 24 ás 16:30h. e o día 25 ás 17h. e ás 20h., segundo a carteleira do Teatro Lauro Olmo.

Artigos relacionados

Back to top button