CulturaEducaciónÚltima hora

Stop Accidentes conciencia aos peóns a través dunha exposición fotográfica

A mostra “Peón, non atraveses a túa vida” conta con 20 láminas seleccionadas de entre 180 candidatos do concurso ‘Seguridade Viaria’ e estará no Auditorio do 16 de decembro ao 4 de xaneiro  

stopaccidentes

A asociación “Stop Accidentes” organiza cada ano unha exposición do concurso fotográfico Seguridade Viaria, que fan a nivel nacional, co fin de promover na cidadanía unha reflexión, a através da fotografía, sobre a mobilidade do peón no ámbito urbano e interurbano, así como nos núcleos rurais. Nesta setima edición o lema foi “Peón, non atraveses a túa vida” e reuniu a máis de 180 participantes dos que o xurado seleccionou as 20 láminas que se exporán no Auditorio de Ourense do 16 de decembro ao 4 de xaneiro e logo percorrerán distintas comunidades autónomas.

En canto á dinámica do concurso, dende a Diputación explicaron que os participantes tiñan que facer unha reportaxe fotográfica que invite á reflexión acerca das causas e das consecuencias dos atropelos a peóns e así “contribuír á redución da siniestraliedade”, sinalou o vicepresidente provincial, Rosendo Fernández na presentación de hoxe no Pazo Provincial.

Tanto a Deputación de Ourense coma a xefatura de Tráfico sumáronse a esta iniciativa. O vicepresidente, Rosendo Frenández destacou que o goberno provincial súmase a esta iniciativa “co fin de concienciar á xente deste grave problema”. Pola súa banda, o membro de Stop Accidentes, Benito Bouzada dixo que este concurso premia “a orixinalidade artística e a mensaxe de concienciación sobre as conductas de risco dos peóns que elevan o número de atropelos”. Asemade engadiu que con esta mostra pretenden “impulsar a problemática viaria dos atropelos a peóns e xerar un espazo de reflexión a través das imaxes que permita o intercambio e a difusión entre un gran número de persoas”.

En canto ao perfil de atropelado en Galicia, Daniel Pousada, memro de Stop Accidentes, explicou que no caso de vías interurbanas é unha persoa “maior de 65 anos con roupa escura” que camiña en horas de pouca luz polas estradas e “fanno sen chaleco”, engadíu. En canto ás zonas urbanas, ese atropelado tamén soe ser de avanzada idade, asegurou, e “debido ás súas patoloxías” que lles provocan reduccións físicas, visuais ou auditivas, sofren o atropelo. Pousada quixo salientar tamén que existen cada vez máis casos de atropelos ao “peón tecnolóxico”, é dicir, persoas que camiñan pendentes do teléfono móbil. Este membro de Stop Accidentes animou tamén ás administracións a “investir en infraestructuras e no mantemento dos pasos de peóns, para evitar moitos accidentes”.

Para rematar, a subxefa provincial de Tráfico, Andrea Conde, destacou que en Galicia, “e sobre todo en Ouresnse”, hai un gran problema cos accidentes nos que hai peóns implicados e por iso, “esta exposición nos parece de máxima actualidade”, sinalou.  Conde animou á xente a que visiten a mostra “para que chegue á conciencia, dada a importancia que ten a seguridade viaria nas nosas vidas”. Neste senso, dende a xefatura de Tráfico levan a cabo a iniciativa “Hazte ver”, a través da cal os axentes da Guardia Civil de Tráfico repartiron chalecos aos viandantes das estradas e camiños interurbanos.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button