En portadaÚltima hora

Terremoto en Valdeorras con epicentro en Carballeda

O sismo de magnitude 3,5 producíase ás 5:28 desta madrugada en Sobradelo

Sobradelo, Carballeda de Valdeorras. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

A terra volveu tremar na provincia de Ourense. Se na madrugada de onte era a localidade de Cartelle a que sufría un tremor, hoxe, 6 de setembro, era Valdeorras a que espertaba coa nova dun terremoto con epicentro en Sobradelo, no noroeste do concello de Carballeda de Valdeorras: latitude: 42 42º N; lonxitude: 6 92º O; profundidade: 16 km.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia polo Instituto Xeográfico Nacional, o sismo tiña lugar ás 5:28 horas, sen recibir ningún tipo de alarma por parte da poboación. “Aquí non nos enteramos”, asegura a alcaldesa de Carballeda, Mª Carmen González Quintela que, sorprendida ao recibir a nova por parte do Instituto Xeográfico Nacional, estivo preguntando aos veciños que non se enteraran do acontecido de madrugada.

 

Panorámica de Sobradelo. /Foto: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button