Galerías de fotosSanidadeÚltima hora

O subdelegado do Goberno reúnese coa AECC de Ourense

Roberto Castro visitaba a entidade, que este ano cumpre o 25º aniversario da súa creación

Na mañá do 22 de febreiro a sede en Ourense da Asociación Española contra o Cancro (AECC) recibía a visita do subdelegado do Goberno na provincia, Roberto Castro. Alí era recibido pola presidenta, Dora Gómez, pola tesoureira, Odila González, e pola secretaria, Aurora Fernández. Esta entidade está a celebrar neste ano o 25º aniversario da súa creación.

O subdelegado quixo con esta visita institucional poñer, una vez máis, en valor o “enorme traballo de asistencia e solidariedade que esta entidade ven desenvolvendo nos derradeiros 25 anos a prol dos enfermos e a súas familias”.

A Subdelegación do Goberno en Ourense, así llo recoñeceu en 2016, cando lle outorgou á AECC de Ourense una Mención Especial, no XXXVIII aniversario da Constitución Española, polo seu “extraordinario labor na atención, acompañamento e orientación das persoas afectadas pola enfermidade do cancro e o seu permanente traballo de investigación e prevención”.

Fotos cedidas pola Subdelegación do Goberno en Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button