Sumilleres e xornalistas peruanos visitan a D.O. Monterrei

“Trátase dunha misión inversa que nos permitiu dar a coñecer o noso territorio, viñedos, peculiaridades”, destaca Lara Da Silva, presidenta desta denominación

O grupo de sumilleres e xornalistas peruanos, co director técnico do CRDO Monterrei.

Co fin de coñecer sobre o terreo a historia e tradición vitivinícola de Monterrei, un grupo de xornalistas e sumilleres peruanos visitaban o 9 de maio esta denominación de orixe. Tamén descubrían as súas características de solo e clima, ademais das variedades de uva e tipoloxías de viños. Ademais achegábanse ata o C.R.D.O. Monterrei, onde eran recibidos polos técnicos do consello, e despois visitaban algúns dos lagares rupestres da comarca (a zona de Galicia coa maior concentración destas estruturas).

Entre los participantes nesta viaxe estaban Soledad Marroquín (conselleira editorial e redactora da revista Sommelier), Joseph Ruiz Acosta (tres veces mellor sumiller de Perú e un dos 50 mellores do mundo), Helbert Reyna (sumiller do restaurante Central de Lima, que ostenta o recoñecemento de ser o segundo mellor restaurante de Sudamérica e o sexto do mundo) e Katty Tito, hosteleira.

“Trátase dunha misión inversa que nos permitiu dar a coñecer o noso territorio, viñedos, peculiaridades edafoclimáticas e amosar, da man do director técnico, as características dos brancos e tintos de Monterrei; definindo así as súas posibilidades de maridaxe con produtos peruanos, o que conlevará que os nosos viños poidan ser coñecidos, exportados e consumidos nese país”, destaca a presidenta da D.O. Monterrei, Lara Da Silva.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies